Thursday 02 de May de 2024

Cambre mellora a iluminación en Anceis, Cambre, Cecebre e Brexo Lema


O Concello de Cambre acaba de adxudicar a obra denominada “ACTUACIÓNS DE MELLORA E AFORRO NA ILUMINACIÓN PÚBLICA NAS PARROQUIAS DE ANCEIS, BREXO, CAMBRE E CECEBRE, CAMBRE 2015”, no marco das bases reguladoras do “PLAN DE OBRAS E SERVIZOS 2016 (POS)”.

A actuación de renovación da instalación eléctrica levará a cabo nas parroquias de Cambre (zona Ou balado, Samosteiro, Lagoa, rúa Miguel Ángel Garcés); Brexo Lema ( A pagueira e Cereixo); Cecebre (Polígono Espítiru Santo); e Anceis (Mercuín).

Trátase dunha remodelación das instalacións de iluminación pública que perseguen un aforro e unha maior eficiencia enerxética. A iluminación pública supón un gran custo económico, e ambiental derivado do uso de recursos non renovables para a obtención desta enerxía e ás emisións de CO2 asociadas. Por este motivo é necesaria unha adaptación destas instalacións co fin de diminuír o consumo e mellorar os seus índices de eficiencia enerxética.

O tempo previsto de finalización dos traballos, será de dous meses sen incluír o prazo de subministración de materiais. A obra foi adxudicada por valor de 37.441 euros.